

DONA EMILIA E AS LARPEIRADASQuen pode pasar fronte a unha pastelería e resistirse? Ou dar por terminada unha comida de celebración sen unha boa sobremesa? E é que, aínda que antigamente a palabra repostería significaba “despensa”, dende os inicios do século XVIII está considerada como unha arte delicada, pola súa inmensa variedade de ingredientes e presentacións, e converteuse nunha parte fundamental da gastronomía á que poucos larpeiros poden resistirse. |
|
![]() |
|
Se o azucre é o rei, outros elementos tamén son protagonistas: ovos, leite, fariña, manteiga, froitas, chocolate, esencias e licores… Ingredientes que se confabulan para dar lugar a delicias para todos os gustos: xeados, tortas, merengues, barquillos, galletas, cremas… E larpeiradas para cada momento do ano: filloas e orellas de Entroido, roscón de Reis, osos de santo en Todos os Santos, torradas de Semana Santa, turróns e mazapáns navideños… |
|
![]() |
DONA EMILIA E A REPOSTERÍA
Ademais de ser a primeira muller catedrática nunha universidade española e publicar máis de 500 obras, sendo un referente da novela realista en España, Dona Emilia Pardo Bazán (1851-1921) foi tamén a primeira muller en publicar un tratado sobre cociña. E finalmente, foron dous: “La cocina española antigua” (1914) e “La cocina española moderna” (1918), que fan honor á súa condición de boa coñecedora e degustadora dos fogóns. Estas obras reflicten o seu carácter imaxinativo, bautizando algunhas das súas sobremesas con nomes como “Ánimas do purgatorio ou cremas de remolacha con illa perdida”, ademais de incluír tradicionais receitas galegas como as filloas, acompañadas de consellos e palabras de ánimo para as cociñeiras que as preparan: <<Non se lles debe ter medo ningún, e unha ama de casa coidadosa as executará sequera unha vez ao mes, alternando unhas e outras, porque sendo moi nutritivas, dan para servilos máis dunha vez, e non supoñen, ben mirado, ningún reproche>>. |
![]() |
AS LARPEIRADAS
Larpeirada non define ningún prato ou sobremesa; é unha expresión moi nosa que fala de pequenos praceres irresistibles: a larpeirada é doce e deliciosa, máis un pracer que un alimento; pode poñer fin á comida ou aledar calquera momento… A larpeirada é indisoluble dos galegos e da súa repostería -que ten incluso unha ”torta larpeira”-, nunha amplísima e tentadora gama, na que os larpeiros poden gozar tamén deste pracer con sabores salgados, cun toque de licor…
|